27 árbitros pontevedreses examínanse para o ascenso a Primeira e Segunda galega

Pontevedra
05 de xullo 2020

Este sábado celebrouse o exame para o ascenso dos árbitros de fútbol a Primeira e Segunda galega. O test consistiu nunha parte física e noutra escrita

Probas físicas dos árbitros de fútbol
Probas físicas dos árbitros de fútbol / Cristina Saiz

Este sábado celebrouse o exame para o ascenso dos árbitros de fútbol a Primera y Segunda galega.

O test consistiu en dous partes. Primeiro, unha parte física na que os 27 participantes tiveron que superar unha proba de velocidade e outra de resistencia.

Ao finalizalas, desprazáronse á Delegación para realizar o exame escrito, onde tiveron que poñer a proba a súa capacidade para observar a través dos vídeo-test, un exame de inglés e unha parte de realización de actas.

Unha vez finalizados os exames, o Comité Técnico de Árbitros da Federación Galega de Fútbol procederá á suma da nota da parte física e da parte escrita e comunicará os resultados a principios de agosto.