O Arosa SC acaba de publicar unha enquisa en liña na que poden participar os seus socios para decidir entre dúas opcións de camiseta para formar a equipación do primeiro equipo para a próxima tempada.
A primeira opción é unha arlequinada máis tradicional, con mangas e pescozo en cor negra, así como unha franxa vertical do mesma cor no centro. A outra mantén as franxas negra e vermellas no centro ademais das mangas e o pescozo en negro, pero o estampado arlequinado está conformado por un patrón xeométrico e un ton vermello menos vivo.
Os abonados poderán votar ata o 7 de xullo, cando o club publicará os resultados e descubrirá cal será a camiseta que vestirán a próxima tempada.
Os interesados en participar na enquisa poden facelo a través desta ligazón ou nas redes sociais do club.
REFORZO NA PORTERÍA
O equipo vilagarcián ha feito oficial este martes a fichaxe do gardameta asturiano de 25 anos Raúl Rodríguez. Procedente do Real Titánico de Laviana, acumula seis tempadas en Terceira Federación, en equipos como o CD Colunga, o EI San Martín, o CD Tuilla ou o CD Covadonga. Antes, como xuvenil, militou nas filas do Sporting de Xixón.