Esta é a camiseta coa que xogará o Arosa a próxima tempada

O Salnés
09 de xullo 2023

Cun 75% dos votos, os abonados do club arlequinado elixiron a opción máis tradicional, que ten mangas e pescozo en negro, unha franxa vertical do mesma cor no centro e as cores branco e vermello

Camiseta do Arosa para a tempada 2023/2024
Camiseta do Arosa para a tempada 2023/2024 / Arosa SC

A afección do Arosa SC xa decidiu cal será a camiseta que formará o equipamento do primeiro equipo durante a próxima tempada.

Das opcións que habilitou o club para elixir, os socios e socias elixiron a primeira, a máis tradicional, que ten mangas e pescozo en negro, unha franxa vertical do mesma cor no centro e as cores branco e vermello.

Cun 75% dos votos, os abonados decidíronse por esta alternativa en lugar da segunda, unha camiseta similar pero co estampado conformado por un patrón xeométrico e un ton vermello menos vivo.