A arousá Jessica Bouzas, convidada á fase previa do Master 1000 de Madrid

O Salnés
26 de abril 2021

A tenista de Vilagarcía participará desta maneira, por primeira vez na súa carreira profesional, nun dos torneos máis importantes do circuíto, como premio ao seu gran inicio de ano

Jessica Bouzas adestrando no Mutua Madrid Open
Jessica Bouzas adestrando no Mutua Madrid Open

O Mutua Madrid Open, un dos torneos máis importantes do universo tenístico a nivel europeo na súa condición de Master 1000, contará con presenza pontevedresa da man de Jessica Bouzas.

A tenista de Vilagarcía, de só 18 anos, viu recompensado o seu gran inicio de ano cunha 'Wild Card' do torneo dirixido por Feliciano López, invitación que lle permitirá disputar a fase previa do seu primeiro Master 1000.

Desde o inicio de tempada a arousá chegou a tres finais do circuíto ITF, con dous títulos en senllos torneos 15.000 no Cairo, o que lle fixo pegar un salto na clasificación  WTA ata situarse no posto 640.

A deportista, que se prepara na prestixiosa academia de David Ferrer, atópase en Madrid desexe hai uns días para incluírse na burbulla do torneo, con todas as medidas de seguridade e prevención contra a covid.

O resto de invitacións do Mutua Madrid Open, que se desenvolverá na Caja Mágica do 27 de abril ao 9 de maio, foi para as tamén españolas Eva Guerrero, Marta Custic e Ane Mintegi.