A conta atrás para regresar ás canchas de xogo comezou para Carla Fernández.
A base arxilista caeu gravemente lesionada a principios de decembro, confirmándose case un mes despois que sufría unha rotura do ligamento cruzado ademais do corno posterior do menisco do seu xeonllo dereito.
Tras unhas xornadas de espera, a viguesa puido ser finalmente intervida quirúrxicamente o martes no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
A operación, realizada pola doutora Ana Domínguez, realizouse mediante a técnica de artroscopia, segundo informa a entidade verde.
Por diante Carla, que "se atopa ben, con molestias e cansa", ten agora un longo proceso de recuperación que se estima entre seis e oito meses, estando por tanto descartado o seu regreso ata a próxima tempada.