Tras as renovacións chega o momento das fichaxes no Club Baloncesto Arxil.
O club pontevedrés pechou o seu primeiro reforzo do verán, e fíxoo coa incorporación dunha xogadora cunha ampla experiencia no baloncesto nacional e sobre todo na categoría na que agora competirá, a Liga Feminina Challenge.
Trátase de Laura Fernández, base canaria que as últimas temporadas militou no Melilla Lasalle de Challenge, pero que tamén pasou por equipos como o Uni Ferrol, Adareva, Clarinos La Laguna ou Aros León.
Na última camnpaña, en Challenge, foi xogadora importante en Melilla con máis de 23 minutos de media en pista por partido e unhas cifras de anotación de 7,3 puntos por encontro.
Agora, aos seus 35 anos, Laura Fernández regresa a Galicia para ser importante no proxecto do Arxil.