A Bea Gómez escápaselle o billete olímpico nos 400 estilos

Pontevedra
20 de marzo 2016

A pontevedresa quedou lonxe da súa mellor marca e foi quinta na final dos 400 estilos do Campionato de España Open. Mireia Belmonte e a ribeirense María Vilas lograron as dúas prazas en xogo para Río de Janeiro. Este luns, última opción para Bea Gómez nos 200 estilos

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

Sabía Bea Gómez Cortés que debía achegarse á súa mellor marca para conseguir este domingo o billete olímpico para Río de Janeiro nos 400 estilos, primeira proba que nadaba no Campionato de España Open de Natación de Sabadell e onde contaba cunha gran competencia

Non o logrou con todo a pontevedresa, lonxe do seu mellor tempo na final, na que asinou un quinto posto con 4:43.97.

Desta forma o ouro foi para a inalcanzable Mireia Belmonte (4:33.42) seguida da ribeirense María Vilas, que quedou coa segunda praza olímpica ao rebaixar a mínima esixida e de paso bater o record galego que tiña no seu poder Bea Gómez (4:39.86) para deixalo en 4:38.81. Terceira foi África Zamorano (4:41.39).

Tras quedar sen opcións nesta proba, Bea xogarase todo a unha carta este luns nos 200 estilos, a segunda das distancias nas que aspira a rebaixar a mínima olímpica.

Nos 400 estilos competiron outras dúas nadadoras do Galaico, Paula Goyanes (5:01.32) e Águeda Cons (5:01.83), cuarta e sexta clasificadas na final C respectivamente.

Pola súa banda Daniel Sánchez finalizou este sábado no oitavo lugar da final C nos 50 costas, cun tempo de 28.48.