A canteira do Gimsport lócese no Campionato Galego

Pontevedra
12 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Seis deportistas representaron o club pontevedrés no Campionato Galego Infantil de Kárate celebrado no Barco de Valdeorras

Deportistas do Gimsport no Campionato Galego Infantil Escuela de kárate Gimsport

Bo papel do Gimsport de Pontevedra no Campionato Galego Infantil de Kárate.

Seis deportistas representaron o club pontevedrés na competición celebrada no Barco de Valdeorras, con presenza de 400 participantes de 32 clubs.

Vera Quintás García e Ariadna Álvarez Guadarrama lograron colgar o ouro en kata benxamín e kata alevín respectivamente, mentres que Áxel Gil Losada en kata alevín e Mateo Quintás García en kata infantil proclamáronse subcampións galegos.

Por último Borja González Puga e Álvaro Sánchez Suárez lograron o bronce na modalidade de kumite.

Uns resultados que enchen de confianza ao Gimsport ante próximos retos como o Campionato de España Infantil que se celebrará en abril en Guadalaxara.