A Carreira Pedestre Monte Porreiro continúa crecendo na súa terceira edición

Pontevedra
07 de abril 2015

A proba, que mantén o seu circuíto de 8 quilómetros con saída e chegada dende o Mirador, celebrarase o próximo domingo 12 de abril ás 12:00 horas, sendo a segunda cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra

Presentación da III Carreira Pedestre de Monte Porreiro
Presentación da III Carreira Pedestre de Monte Porreiro / PontevedraViva

Preto de 600 atletas, ademais dos deportistas de categorías inferiores, tomarán a saída o próximo domingo 12 de abril na III Carreira Pedestre de Monte Porreiro Gran Premio UNED.

A proba, segunda no calendario do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra (CCCP), continúa crecendo cunha participación que case se dobra con respecto ao pasado ano.

O circuíto, de 8 quilómetros, será o mesmo que na edicións anteriores, con saída e chegada dende o Mirador ás 12:00 horas.

O número de inscritos para o CCCP tamén incrementouse a estas alturas, con 381 anotados.

A Carreira Pedestre de Monte Porreiro presentouse este martes na sede pontevedresa da UNED, revelando a Asociación de Veciños MIrador que a cita servirá de homenaxe a José Ramallo, un dos impulsores da proba deportiva e que atravesa un delicado momento de saúde.