A chegada de Calucho non cambia a dinámica do Xuventú Sanxenxo que cae (2-0) co Deportivo B

Sanxenxo
08 de marzo 2015

Non se cumpriu o dito que asegura que o cambio de adestrador garante unha vitoria. O Xuventú Sanxenxo acudiu a Abegondo con Calucho substituíndo a Ángel Oliveira no banco, pero non logrou cambiar a súa dinámica de resultados negativos, encaixando a súa décima derrota consecutiva ás mans dun Deportivo B que foi moi superior e puido obter un resultado máis amplo

Partido entre Arosa e Xuventú Sanxenxo na Lomba

Non se cumpriu o dito que asegura que o cambio de adestrador garante unha vitoria. O Xuventú Sanxenxo acudiu a Abegondo con Calucho substituíndo a Ángel Oliveira no banco, pero non logrou cambiar a súa dinámica de resultados negativos, encaixando a súa décima derrota consecutiva ás mans dun Deportivo B que foi moi superior e puido obter un resultado máis amplo.

Os de Manuel Mosquera non tardaron en plasmar no marcador a súa superioridade, adiantándose cun remate de cabeza de Alex Pérez, a centro de Insua. Logo dispuxeron de varias ocasións para sentenciar antes do descanso, pero faltoulles acerto nos metros finais.

Na segunda parte en Sanxenxo adiantou a súa liña defensiva en busca da igualada a custa de deixar moito espazo ás súas costas. Cañi, a pase de Adrián, facía o segundo, que rematou coa tímida oposición do cadro amarelo.

RC DEPORTIVO B (2): David; Toni Insua, Adrián, Rober, Iago, Sam Piette (Taboada, min. 84), Cardoso, Queijeiro, Álex Pérez (Masampú, min. 77), Remeseiro e Ángel (Cañi, min. 68).

XUVENTÿ SANXENXO (0): Vila; Héctor, Mateo, Ramón (Cuchi, min. 58), Peña, Pablo Lede (Emilio, min. 84), Nel, Jonathan, Suso Vidal (Diego González, min. 77), Guille e Alfonso.

Árbitro: Alain Kevin García Martín (Santiago), auxiliado nas bandas por Secundino Soto Pérez e Diego Otero Varela. Amoestou a Iago, polos locais, e a Héctor, Nel e Alfonso, polo conxunto visitante.

Goles: (1-0) Minuto 14: Álex Pérez. (2-0) Minuto 70: Cañi.

Incidencias: Cidade Deportiva do RC Deportivo da Coruña "O Mundo do Fútbol" (Abegondo). Uns 450 espectadores.