A Copa de España de Xóvenes Promesas de Piragüismo queda na casa

Pontevedra
20 de maio 2018

A EP Ciudad de Pontevedra conseguiu a vitoria por equipos na competición celebrada no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, por diante do Náutico de Sevilla

Copa de España de Xóvenes Promesas de Piragüismo en Verducido Federación Galega de Piragüismo

A pista de piragüismo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, foi escenario durante a xornada do sábado da Copa de España de Xóvenes Promesas, na que o gran dominador foi un dos clubs locais.

A EP Ciudad de Pontevedra levou o triunfo por equipo ao sumar 527 puntos, superando ao Náutico de Sevilla (303 puntos) e ao Club Escuela de Piragüismo Aranjuez (285 puntos), e colócase segundo na Liga Nacional.

Na competición, de categoría cadete e baixo a distancia de 1.000 metros, o club pontevedrés sumou seis medallas, das dúas foron de ouro, tres de prata e unha de bronce.

Na final de C-2 os dous barcos da EP Ciudad de Pontevedra formados por Ángela Jorge e Nuria Rodiño e Antía Otero xunto a Lucía Pérez conquistaron a primeira e segunda posición. Ademais Antía Otero levou o ouro en cadete B, con Ángela Jorge na segunda posición.

Alejandra Manso conseguiu a outra medalla de prata no  K-1, mentres que Martín Jácome pola súa banda foi terceiro no  C-1, modalidade na que se impuxo Ángel Fuego (Piragüismo Poio).

A próxima competición da Liga de Xóvenes Promesas celebrarase en Villalcampo (Zamora) o próximo 30 de xuño, cunha regata de categoría infantil sobre a distancia de 3000 metros.

Consulta aquí as clasificacións da Copa de España de Xóvenes Promesas disputada en Verducido.