A Copa do Rei, unha oportunidade para o Cisne de recuperar sensacións

Pontevedra
07 de novembro 2022

O conxunto pontevedrés, que acumula tres derrotas consecutivas en Asobal, aparca por unhas horas a competición de liga para centrarse na Copa do Rei cunha eliminatoria a partido único fronte ao Ángel Ximénez de Puente Genil que se disputará esta martes 8 de novembro no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (20.15 horas)

Partido de Liga Asobal entre Cisne e Bidasoa
Partido de Liga Asobal entre Cisne e Bidasoa / Mónica Patxot

Ao Club Cisne Balonmán non lle saíu practicamente nada na última xornada de liga contra o Bidasoa, encaixando a que foi a súa terceira derrota consecutiva en liga, pero sen tempo case para lamentarse chega unha nova cita para os pontevedrés.

O equipo adestrado por Javier Márquez aparca por unhas horas a Asobal para centrarse na Copa do Rei, coa visita este martes do Ángel Ximénez de Puente Genil ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

Será unha oportunidade para recuperar sensacións nunha eliminatoria que se disputará ademais a partido único nunha semana que se completará o sábado en Cangas co derbi provincial.

Ambos os dous equipos enfrontáronse en liga na máxima categoría hai poucos días, o 30 de novembro, nun duelo apertado que finalizou con vitoria do Puente Genil por 34-32, unha igualdade que se espera tamén para o duelo copeiro.

A serie negativa do Cisne en liga contrasta coa dinámica contraria do seu rival, que chegará a Pontevedra tras sumar na pista do Sinfín cántabro o seu terceiro triunfo consecutivo.

O choque dará comezo ás 20.15 horas da tarde.