A Copa Galicia centrará a pretempada do Arxil

Pontevedra
27 de agosto 2015

O club verde debutará, ao igual que na liga, contra o Cortegada de Vilagarcía o día 12 de setembro. A primeira fase enfrenntará aos catro clubs galegos de Liga Feminina 2

Mayte Méndez dando instruccións ás súas xogadoras durante o partido contra o Cortegada
Mayte Méndez dando instruccións ás súas xogadoras durante o partido contra o Cortegada / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil xa coñece o calendario de competición da Copa Galicia, torneo que centrará a pretempada do equipo verde con encontros de esixencia que mostrarán o seu nivel.

Esta competición contará cunha primeira fase na que se enfrontarán os catro equipos galegos de Liga Feminina 2, o que supoñerá un bo test para todos de cara aos que se poden encontrar na tempada regular.

Ao igual que en liga, as de Mayte Méndez debutarán ante o Cortegada, o día 12 de setembro pero nesta ocasión en Vilagarcía.

O día 15 de setembro as verdes viaxarán a Vigo para enfrontarse ao Celta e pecharán a fase de grupos o 18 na casa ante o Ensino lugués.

O gañador da primeira fase xogará a final da Copa Galicia ante o único equipo galego da máxima categoría, o Universitario Ferrol, o 20 de setembro.