O torneo 3x3 do Arxil inunda de baloncesto a praza de España

Pontevedra
30 de agosto 2015

Case un centenar de equipos -o récord de participación desta proba- converteron este sábado a praza de España nunha pista de baloncesto. Un ano máis, o torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil permitiu que un gran número de xogadores puidesen practicar o seu deporte favorito en plena rúa

Torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil na praza de España
Torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil na praza de España / Diego Torrado

Case un centenar de equipos -o récord de participación desta proba- converteron este sábado a praza de España nunha gran pista de baloncesto. Un ano máis, o torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil permitiu que un gran número de xogadores puidesen practicar o seu deporte favorito en plena rúa.

Repartidos en ata dez canchas de baloncesto diferentes, os partidos disputáronse entre as once da mañá e as oito da tarde, divididos en varias categorías e, por suposto, con participantes de todas as idades, dende os benxamíns ata os xogadores sénior, chegados dende toda a xeografía galega.

Cada un dos partidos da competición, que tiña carácter mixto, se xogou a 21 puntos e, en caso de non chegar a esa puntuación, o tempo máximo deses encontros era de quince minutos.

Con este torneo, o Arxil despide o verán e ponse mans á obra para preparar un novo ano en Liga Feminina 2. O próximo martes 1 de setembro dará inicio a súa pretempada.