A Copa Galicia de Bateis regresa a Marín asegurando unha alta participación

Marín
07 de novembro 2019

A competición autonómica reunirá na ría de Pontevedra o vindeiro sábado 16 de novembro a 80 tripulacións de diferentes categorías, todo un récord de inscrición especialmente nas probas femininas

Copa Galicia de Bateis en Marín
Copa Galicia de Bateis en Marín /

O remo autonómico reunirase un ano máis na ría de Pontevedra, concretamente en Marín, para vivir unha Copa Galicia de Bateis que apunta a récord de participación.

A pesar de que a competición non se disputará ata o vindeiro sábado 16 de novembro, o comité organizador da Semana Abanca na que se engloba confirmou xa a presenza de ata 80 tripulacións, con 30 femininas no que supón un récord para unha competición deste tipo.

A modo de comparación, en 2018 a cifra de tripulacións participantes foi de 60.

A Copa Galicia, para as edades alevín, infantil  cadate e xuvenil tanto en categoría masculina como feminina, disputarase nun campo de regatas situado fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco en horario aproximado de 16:00 a 18:30 horas do citado día 16, baixo a organización do Clube de Remo Ría de Marín e a Federación Galega de Remo.

Como colofón á xornada o Auditorio Illa de Tambo acollerá a entrega dos galardóns anuais do remo autonómico.