A Copa Galicia de Ciclocrós regala unha bonita xornada deportiva en Sanxenxo

Sanxenxo
22 de novembro 2021

A júnior Sofía Álvarez (Cambre-Caeiro) e o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca) abriron no II Ciclocrós Con da Romaíña a súa conta de vitorias absolutas esta campaña

II Ciclocrós Con da Romaíña
II Ciclocrós Con da Romaíña / Concello de Sanxenxo

O II Ciclocrós Con da Romaíña deixou en Sanxenxo un gran sabor de boca nunha xornada envexable para a práctica deportiva.

Na única cita puntuable da fin de semana para a Copa Galicia da especialidade, o certame viu como dous ciclistas estreaban a súa marcadora de vitorias esta tempada. Tratouse da júnior Sofía Álvarez (Cambre- Caeiro) e o elite Saúl López (Academia Postal-Abanca).

Na carreira masculina López aproveitou a ausencia do líder do certame, Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), para participar no calendario nacional, e impúxose nun escenario de pouco barro e fortes pendentes cun tempo de 58:48 superando en 12 segundos a Rubén Deaño (Ourense Termal) e en 23 segundos a Luís Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño).

Pola súa banda na proba  masuculina Sofía Álvarez foi a gran protagonista vencendo cun tempo de 48:04, con 17 segundos de renda sobre Isabel Castro (Condado  Bike). O terceiro posto final foi para Sarela Conde (Academia Postal - Abanca). 

O   palmarés da segunda edición do evento completouse cos triunfos de Lara Fuentes (Cambre- Caeiro) e Uxío Atrio (Academia Postal - Abanca) en cadetes; Eva Ortega ( Biciosos-Rías Baixas) e Roberto Rodríguez (Bicicletas  Chinquena) en máster-30; Rocío Blanco (A Forna) e Moisés Leboso ( GD 10) en máster-40; Sonia Costoya ( Corbelo) e Juan José Saborido ( Speedcross) en máster-50; e Antonio González (Salvaterra) nos máster-60. 

A Copa Galicia  tendrña continuidade a próxima fin de semana cunha dobre cita, o sábado na Cañiza e o domingo en Ribadumia.