A Copa Galicia de Ximnasia Acrobática non defraudou na Raña

Marín
01 de marzo 2018

A undécima edición da competición, que se desenvolveu un ano máis en Marín, contou con 24 clubs participantes e un gran ambiente no pavillón

Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática 2018 Diego Torrado

Empeza a converterse nunha cita imprescindible para a ximnasia autonómica, cando non nacional, e demostrouno un ano máis no pavillón marinense da Raña.

A Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática, na súa undécima edición, congregou máis de 400 participantes.

Foron ata 24 os clubs que compareceron sobre os tapices instalados no pavillón e no medio dun gran ambiente nas bancadas.

Participaron na Copa Galicia: Club Treboada, Club Flic Flac, Estrela e Vigorosa Sport, Grupo Esportivo Internatos dos Carvalhos, Acrogym Clube de Coimbra, Ginásio Clube Acrotumb Leiría, Ginásio Clube Portugués, Grupo Esportivo de Carcabelos, Club Andraga, Club Deportivo Pyramidos, Club Dinamic, Club Acróbatos de Granada, Club Ximnasia Pontevedra, Escola Burgas, Ginásio Clube Vilacondense, Acro Clube da Maia, Boavista FC, Sport Club do Porto, Gymnostar, Acropombal, Escola Ginástica de FormaÇao Acrobática, Spórting Clube de Torres, Ateneugisc e Club Deportivo Baruca.

Os resultados de tres días de competición poden consultarse na páxina web da Federación Galega de Ximnasia.