A defensa empurra ao Arxil en Vigo cara ao seu cuarto triunfo consecutivo (38-54)

Pontevedra
05 de decembro 2015

As verdes marcaron territorio no primeiro cuarto, no que encarrilaron o choque ante un Celta ao que lle custou anotar durante todo o encontro

Partido entre Arxil e Badajoz no CGTD Diego Torrado

Vitoria sen paliativos do Club Baloncesto Arxil en Navia ante o Celta Zorka (38-54) nun partido que encarrilou xa no primeiro cuarto.

As verdes apoiáronse na súa defensa para apagar as ideas do ataque vigués desde o primeiro minuto.

No primeiro cuarto o Celta só logrou anotar nove puntos, polos 24 dun Arxil que en ningún momento temeu polo triunfo. Chegou ao descanso cos mesmo 15 puntos de renda (22-37) e nin sequera sufriu cando no terceiro cuarto custoulle ver aro.

Xa non existía nese momento posibilidade de reacción para as locais, que claudicaron con claridade ante en Arxil que suma así o seu cuarto triunfo consecutivo na Liga Feminina 2.

En labores ofensivos tres xogadoras verdes superaron os dez puntos, con gran achega de todo o quinteto titular.

CELTA ZORKA (38): Cristina Salinas (3), Cristina Loureiro (15), Sarah Ogoke (8), Laura Alonso (2), Ángela Coello (6) -quinteto inicial-, Gaila Comesaña, Marta Canella, Raquel González, Iria Varela (2), Candela Hermida.

CB ARXIL (54): Carla Fernández (10), Ana Román (8), María Lago (11), Ana Martín (5), Yanique Gordon (13) -quinteto inicial-, María Centeno, Jara Tuda, Cristina Díaz-Pache, Sandra Entenza (4), Elena Corrales (3), Fany López.

Árbitros: Iglesias e Estévez. Sen eliminadas.

Parciais: 9-24, 13-13, 4-9, 12-8.

Incidencias: Partido disputado no pavillón vigués de Navia.