A emoción do fútbol praia regresa a Sanxenxo

Sanxenxo
15 de xullo 2016

O estadio instalado na praia de Silgar para a celebración da Liga Europea acolle ata o domingo o Campionato de España de Seleccións Autonómicas das categorías senior e xuvenil

Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol praia en Sanxenxo
Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol praia en Sanxenxo /

Apenas uns días despois de gozar da Liga Europea, Sanxenxo volve empaparse do mellor fútbol praia co Campionato de España de Seleccións Autonómicas en categoría senior e xuvenil.

O estadio instalado na area da praia de Silgar acolle unha competición que concluirá o domingo coa gran final, fixada para as 12:30 horas.

Ata entón 12 seleccións autonómicas, entre elas a galega, en categoría senior e oito selecciones na xuvenil dan cor ao torneo, que congrega na vila a máis de 500 persoas entre xogadores, técnicos e persoal de servizo.

De novo con entrada de balde para o público, a competición arrincou este xoves con protagonismo para Galicia, que venceu con claridade o seu primeiro encontro ao golear a Cantabria (7-2) comandado por Ramiro Amarelle e o MVP da Selección Española na recente Liga Europea, Kuman.

En categoría xuvenil o conxunto galego tamén comezou con bo pé ao superar a Cataluña por un apertado 4-3.