A EP Ciudad de Pontevedra pon o foco no Nacional de Novas Promesas de piragüismo

Pontevedra
29 de marzo 2017

O club pontevedrés despraza un equipo composto por 28 padeeiros en idade infantil e cadete á competición que se celebrará durante a fin de semana en Sevilla

Equipo da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra na Liga Infantil Federación Galega Piragüismo

Despois de tomar parte no Campionato de España Absoluto de Inverno, a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra pon o seu foco nun novo obxectivo. 

O club pontevedrés desprazará esta fin de semana, de novo a Sevilla, a un equipo composto por 28 padexeiros en idade cadete e infantil para participar no Campionato de España de Novas Promesas.

A escola ten grandes esperanzas postas nesta competición, na que o pasado ano xa conseguiu varias medallas como a terceira posición de Rodrigo Villaverde na categoría C-1 infantil A, o ouro de Antía Otero en C-1 infantil B ou o bronce de María de la Peña no C-1 cadete B.

O campionato celebrarase na Cartuja sobre a distancia de 5.000 metros para os deportistas cadetes e de 3.000 metros para os infantís.

"Este ano somos moitos e hai moito nivel no club", recoñeceu o seu presidente, Óscar Ponte, confiado en poder regresar tras lograr un bo resultado.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora