A Epic Race fai fronte ao coronavirus e celebra a súa cuarta edición

Pontevedra
12 de setembro 2020

A Epic Race de BTT venceu á crise sanitaria para celebrar a súa cuarta edición. Na Avenida Montero Ríos de Pontevedra, os participantes concentráronse para afrontar o esixente percorrido que deu comezo ao redor das as 8:00 horas deste sábado nun contexto marcado pola pandemia mundial

Salida da cuarta edición da Epic Race de BTT
Salida da cuarta edición da Epic Race de BTT / Cristina Saiz

A Epic Race de BTT venceu á crise sanitaria para celebrar a súa cuarta edición. Na Avenida Montero Ríos de Pontevedra, os participantes concentráronse para afrontar o esixente percorrido que deu comezo ao redor das as 8:00 horas deste sábado nun contexto marcado pola pandemia mundial.

Baixo as estritas medidas para evitar contaxios e cumprindo o protocolo deseñado pola Federación Galega de Ciclismo e avalado pola Xunta de Galicia, os corredores preparáronse para afrontar as dúas modalidades da carreira de bicicleta de montaña máis 'épica'.

Durante a primeira xornada celebrarase a competición máis dura, cun percorrido de 300 quilómetros divididos en sete etapas e cun desnivel positivo superior aos 8.000 metros. O tramo deberá completarse nun prazo máximo de 28 horas nas que a calor e as máscaras serán os principais protagonistas.

A Epic Race dará fin o domingo 13 de setembro co trazado alternativo e non tan esixente de 200 quilómetros, dividido en catro etapas e cun desnivel de 5.000 metros que deberá ser completado en 19 horas.