A épica comeza na Praza de España

Pontevedra
08 de setembro 2017

Só 48 horas de prazo teñen os participantes da primeira Epic Race Pontevedra de BTT para completar os 550 quilómetros de percorrido a través das montañas da provincia que suman un desnivel acumulado positivo de 14.500 metros

Saída da primeira Epic Race Pontevedra de BTT Mónica Patxot

Só 48 horas de prazo teñen os participantes da Epic Race Pontevedra de BTT para completar a súa primeira edición.

A Praza de España acolleu este venres a saída da carreira, que pode completarse por equipos ou de maneira individual e que conta con 550 quilómetros de percorrido polas montañas da provincia para un desnivel acumulado positivo de 14.500 metros.

Un cento de ciclistas participan nesta dura proba deportiva que pasará ao longo das súas oito etapas polos municipios de Pontevedra, Redondela, Tui, A Lama, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade.

Tras a saída a primeira etapa levará aos participantes ata Redondela, para despois continuar ata Tui (etapa 2), A Lama (etapa 3), de novo Pontevedra (4), Moraña (5), Vila de Cruces (6), Cerdedo (7) e finalizar na cidade de Lérez (8) o vindeiro domingo.