A escalada ábrese oco no deporte base da cidade

Pontevedra
10 de febreiro 2020

O Club Aromon Pontevedra vén de participar na primeira proba da Copa Galega de Escalada Base

Participación do Club Aromon na primeira proba da Copa Galega de Escalada
Participación do Club Aromon na primeira proba da Copa Galega de Escalada / Club Aromon Pontevedra

A escalada consolídase como unha das opcións de deporte de base no municipio.

Así se esforza en demostralo o Club Aromon Pontevedra, que vén de participar na primeira proba da tempada na Copa Galega de Escalada Base celebrada na localidade de Ourense.

Fíxoo ademais con notables resultados, empezando polo máis pequeno do grupo, o alevín Tiago Carballo, que finalizou terceiro na súa categoría.

Ademais Paula Remiseiro foi segunda en idade xuvenil e Xandre Beloso foi cuarto na final da súa categoría tras ser primeiro na rolda clasificatoria.