A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence na 26 Baixada Internacional do Umia

Umia
18 de outubro 2020

A Baixada Internacional do Umia pechou a súa 26 edición coa participación de 46 equipos, 433 embarcacións e 560 deportistas. Estaba prevista para o pasado 14 de xuño, pero a imposibilidade das concentracións deportivas, levou ao Club Náutico O Muíño a cambiar a data de competición

Participantes na 26 Baixada Internacional do Umia
Participantes na 26 Baixada Internacional do Umia

A Baixada Internacional do Umia pechou a súa 26 edición coa participación de 46 equipos, 433 embarcacións e 560 deportistas. Estaba prevista para o pasado 14 de xuño, pero a imposibilidade das concentracións deportivas, levou ao Club Náutico O Muíño a cambiar a data de competición.

Desta maneira, durante este sábado, clubs de diversos puntos de España concentráronse nas inmediacións da ponte de Barrantes para celebrar a Baixada, que serviu como Campionato Galego de Ríos.

A competición comezou ás 16:00 horas desde a ponte de Barrantes coas categorías K-1 e C-1 sénior, júnior, cadete e veterano e K-2 e C-2 cadete. Pola súa banda, ás 16:30 horas e desde a ponte de Cabanelas, partiron os K-2 e C-2 sénior, júnior e veterano.

A embarcación do Fluvial O Barco de Jesús Rodríguez e Miguel Fernández foi a primeira en cruzar a liña de meta en kaiak senior; mentres que a modalidade de canoa deixou como vencedores aos irmáns do Breogán do Grove Noel e Diego Domínguez.

Na categoría senior feminina, Leticia Piña formando parella con Lucía Valiña do Club Kayak Tudense lograron a medalla de ouro. A vitoria en C-2 foi para Isabel Noya e Nerea Gondar do Piragüismo Poio

A nivel individual destaca a vitoria en K1 senior do asturiano Rafael Carril do Club Neptuno. Tania Álvarez do Breogán fíxose co ouro en muller senior. En canoa, o primeiro posto foi para Manuel Garrido do Kayak Tudense e Jenifer Casal do E. P. Ciudad de Pontevedra conseguiu o triunfo na proba feminina:

Por equipos, o club ganador foi o Ciudad de Pontevedra con 1.881 puntos, seguido do Club As Torres-Romaría Vikinga con 1.468 puntos e, en terceiro lugar, o Confradía Pescadores Portonovo con 1.315 puntos.

En canto ao medalleiro, o vencedor foi o Ciudad de Pontevedra con cinco ouros, dúas pratas e catro bronces; o Breogán do Grove levou tres ouros, catro pratas e un bronce; e o Kayak Tudense tres ouros, unha prata e dous bronces.

Consulta todos os datos da 26 Baixada do Umia na seguinte ligazón.