Medio milleiro de padexeiros participaron na 27 edición da Baixada do Umia

O Salnés
07 de agosto 2021

Medio milleiro de padexeiros concentráronse este sábado nas inmediacións da ponte de Barrantes para celebrar a 27 edición da Baixada Internacional do Umia, unha das competicións máis importantes do calendario galego

Participantes da 27 Baixada Internacional do Umia
Participantes da 27 Baixada Internacional do Umia

Medio milleiro de padexeiros concentráronse este sábado nas inmediacións da ponte de Barrantes para celebrar a 27 edición da Baixada Internacional do Umia, unha das competicións máis importantes do calendario galego.

A competición, organizada polo Náutico O Muíño, comezou ao redor das 16:30. Co mesmo percorrido que anos anteriores, a ponte foi o punto de saída dos participantes, que despois se dirixiron cara a Castrelo para regresar ata unha das dúas mesas volantes.

Os vencedores desta 27 edición en categoría cadete masculina foron Martín López (Cabanas KDM) en K-1, Antón Cao e Iker Veiga (Náutico Firrete) en K-2, Pedro Torrado ( As Torres) en C-1 e, finalmente, Julen Pérez e Nicolás Braña (Piragüismo Poio) en C-2.

Pola súa banda, en feminina gañaron Lucía Tenreiro (Illa de Arousa) en K-1, Iria Ludeiña e Irea Alonso (Kayak Tudense) en K-2 e Nerea Novo (Pontecesures) en C-1.

En xuvenil masculino, Izan Argüelles (Los Gorilas de Candas) gañou en K-1, Noel Martínez e Pedro González ( EP Ciudad de Pontevedra) fixeron o propio en K-2, Juan Barreira (Los Gorilas de Candas) en C-1 e por último, Martín Expósito e Noe Romero ( EP Ciudad de Pontevedra) en C-2.

Celia Durán (As Pontes) alcanzou a meta en primeiro lugar en K-1, Carla Fernández e Sandra Leira (Betanzos) en K-2 e Noa Conde (Río Verdugo) en C-1.

Antonio Palmas (CP Vilaboa) fíxose co primeiro posto en sénior K-1 masculino, Manuel Carreja e Alberto Pigueras (Viveiro) en K-2 , Fernando Busto ( As Torres) en C-1 e Álvaro López e Jaime Duro ( EP Ciudad de Pontevedra) en C-2.

En K-1 feminino a mellor foi Xema Alonso (Ría Betanzos), en K-2 foron Araceli Menduíña e Cintia Fernández (Ría de Aldán) e, en C-1, María Pérez (O Muíño).

En Máster K-1 o gañador foi Antonio Polo (As Pontes), en K-2 venceu a dupla formada por Armando Blanco e Andrés Diéguez (Ribeiras do Tambre), en C-1 chegou en primeiro lugar Gustavo Riveiro ( As Torres) e, en C-2, chegaron Rafael González e Vicente Correa (Kayak Tudense).

Finalmente, en Máster K-1 feminino gañou Rosa María Barros (Kayak Vigo) e, en K-2, venceron Mónica Piñeiro e Kissi Torres (Avión-Castrelo de Miño).