O xadrez non para polo coronavirus. A pandemia obriga a pospoñer campionatos e eventos presenciais pero os xogadores da Escola Xadrez Pontevedra seguen adestrando e competindo a distancia. A pasada fin de semana tivo lugar o primeiro encontro de confraternidade de categoría benjamín entre o cadro galego e o Magic Extremadura.
O encontro, que puido seguirse en directo a través do portal de xadrez online Playchess. com, enfrontou a oito xogadores de cada equipo e decantouse ao lado pontevedrés, que gañou a primeira manga por 5 a 3, mentres que a segunda acabou en empate a catro, polo que xa non foi necesario disputar unha terceira de desempate.
A cita concluíu cun torneo de rápidas no que participaron 56 alumnos da Escola Xadrez Pontevedra, do Magic Estremadura e doutros lugares de España. Unha tarde de diversión e entretemento á que lle puxeron o broche de ouro co ineludible aplauso das 20 horas.