A Escola Xadrez Pontevedra repite subcampionato de España por equipos sub-16

Pontevedra
10 de decembro 2015

É a terceira vez consecutiva que o equipo pontevedrés sobe ao podio nacional nesta categoría. Fíxoo no Campionato de España celebrado a pasada fin de semana en Benidorm

Equipo da Escola Xadrez Pontevedra Sub-16
Equipo da Escola Xadrez Pontevedra Sub-16

Será difícil que un equipo galego, cos mesmos xogadores, volva conseguir o que fixo a Escola Xadrez Pontevedra (EXP) na categoría sub-16.

Por terceiro ano consecutivo, o equipo do club pontevedrés subíu ao podio do Campionato de España da categoría, repetindo o subcampionato do pasado ano.

Alberto Portela, David García, Pablo Vidal e Bernardo Rebollo defenderon á Escola Xadrez en Benidorm, protagonizando un irregular torneo, pero mostraron o seu mellor cara nas roldas definitivas.

O máis destacado foi Portela, mellor xogador do torneo ao facer 6,5 puntos de 7 posibles.

A Escola Xadrez gañou as dúas primeiras roldas a Promesas de Valladolid e Tres Cantos, pero despois fixo táboas contra o Lorca e perdeu ante Santa Ana.

Tras os tropezos, o EXP repúxose para gañar a Basilio por 4-0, aos finalmente campións de Peona i Peó (3-1) e a Almansa, que chegaba á última xornada como líder (3,5-0,5), confirmando o seu subcampionato.