Xogadores de 11 países converten o Memorial Ramón Escudeiro nunha referencia internacional

Pontevedra
23 de decembro 2015

O Hotel Galicia Palace acollerá a cuarta edición do torneo organnizado pola Escola Xadrez Pontevedra entre os días 26 e 30 de decembro

Presentación do IV Memorial Ramón Escudeiro de xadrez
Presentación do IV Memorial Ramón Escudeiro de xadrez / Cristina Saiz

O Hotel Galicia Galicia Palaceserá escenario desde a próxima fin de semana do IV Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez.

Na súa cuarta edición a competición organizada pola Escola Xadrez Pontevedra é máis internacional que nunca, con máis de 160 xogadores inscritos de 11 países.

O torneo desenvolverase "nun formato moi comprimido", explicó o seu director Pablo García, con nove roldas en só cinco días, desde o 26 ata o 30 de decembro.

Entre os inscritos figuran sete grandes mestres internacionais, sete mestres internacionais, cinco mestres da Federación Internacional e dous candidatos a mestre, ademais de 14 persoas con deficiencia visual que competirán en igualdade de condicións cos demais participantes.

A entrada para o público será de balde e unha vez máis a competición será retransmitida por streaming a través da páxina web da Escola Xadrez Pontevedra, unha iniciativa que tivo gran aceptación en edicións anteriores.