Emocionante final do IV Memorial Ramón Escudeiro de xadrez

Pontevedra
31 de decembro 2015

Tras remontar na xornada final, o Gran Mestre galego David Lariño adiantou a todos os seus rivais para vencer en solitario no torneo internacional organizado pola Escola Xadrez Pontevedra

David Lariño, campión do IV Memorial Ramón Escudeiro de xadrez
David Lariño, campión do IV Memorial Ramón Escudeiro de xadrez

Contra prognóstico e grazas a unha brillante remontada durante a xornada final, o Gran Mestre galego David Lariño proclamouse vencedor en solitario do IV Torneo Internacional de Xadrez Memorial Ramón Escudeiro.

Lariño gañou con 7,5 puntos tras deixar polo camiño 1,5 puntos nas catro primeiras roldas para sumar despois cinco triunfos consecutivos, o que unido á acumulación de empates entre os favoritos levoulle á primeira praza.

Na última rolda a igualdade era máxima, con ata seis xogadores empatados con 6,5 puntos. De feito o que peor o tiña era Lariño, que debía vencer a súa partida e esperar que o resto de aspirantes asinasen táboas, como así foi.

A segunda praza da xeral tivo que resolverse aplicando os desempates, que xa cinco xogadores concluíron con sete puntos: os Grandes Mestres Strikovic, Hoffman, Starostits e Oratovsky e a nova promesa da Escola Xadrez Pontevedra, Alberto Portela.

Finalmente segundo foi Starostits e terceiro Hoffman, con Alberto Portela na sexta posición.

O Memorial Ramón Escudeiro desenvolveuse durante cinco días no Hotel Galicia Palace de Pontevedra.