Volta a casa coa satisfacción de realizar unha "modesta contribución" para facer un pouco mellor a vida dos refuxiados sirios no campamento de Azraq.
Despois dunha semana de traballo regresou a casa a representación da Escola Xadrez Pontevedra que participou no proxecto de Ajedrez Sin Fronteras.
Daniel Rivera, presidente da Escola Xadrez, o mestre internacional Pablo García, a psicóloga Alba Piay e Álvaro Van Dean Brule, presidente de Ajedrez Sin Fronteras, compartiron experiencias coas persoas refuxiadas.
Ademais da portar material e das clases teóricas o traballo centrouse na formación para poder dar continuidade á actividade de xadrez no campamento, pero a satisfacción non foi plena, sinalan desde a Escola Xadrez Pontevedra, ao ser conscientes que "o conflito en Siria está lonxe de resolverse".