A emoción do automobilismo regresa esta fin de semana ás estradas de Poio coa tradicional Subida á Escusa, na súa XVII edición.
Pese ao cambio obrigado de data, os afeccionados ao motor poderán gozar da proba nunha fin de semana que se prevé seca e asollada.
As inscricións pecháronse con 40 participantes confirmados, na que será a última cita da tempada do Campionato Galego de Montaña. Entre eles estará o xa campión autonómico, Alexis Viéitez, piloto da escuadra organizadora, Buxa Motor Poio.
A primeira das seis mangas oficiais da competición disputarase a partir das 15:30 horas deste sábado 29, mentres o domingo a primeira das pasadas ao percorrido fixouse para as 9:30 horas.