A Facultade de Comunicación presume de bronce olímpico

Pontevedra
02 de outubro 2024

O piragüista Diego Domínguez, alumno do campus universitario pontevedrés, recibiu unha homenaxe este mércores na Facultade de Comunicación tras a medalla de bronce conseguida nos pasados Xogos Olímpicos de París

Homenaxe a Diego Domínguez na Facultade de Comunicación polo seu bronce nos Xogos Olímpicos Universidade de Vigo

O bronce da medalla olímpica conseguida nos Xogos de París por Diego Domínguez brillou este mércores no campus universitario pontevedrés no que cursa os seus estudos superiores.

O piragüista madrileño do Breogán do Grove recibiu unha homenaxe de profesores e compañeiros na Facultade de Comunicación.

"Non queriamos deixar pasar a oportunidade de darlle as grazas a Diego por levar moi alto o nome da Universidade de Vigo", sinalou a decana, Emma Torres.

"Sei que son un alumno difícil, que estou lonxe, pero toda axuda que nos dades é moi agradecida pola nosa banda, porque estades a nos dar a opción de poder estudar, de poder prepararnos o futuro", declarou pola súa banda o padexeiro, bronce olímpico na proba de C-2 500 xunto ao balear Joan Antoni Moreno.

Precisamente para poder preparar as súas competicións co seu compañeiro, Diegp Domínguez pasa tempadas en Mallorca, situación que desde a Universidade facilitan amparados nun regulamento elaborado para deportistas de alto nivel.

Diego Domínguez converteuse ademais no primeiro alumno en asinar no libro de honra da Facultade de Comunicación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora