A familia do Club Ciclista Farto segue a medrar

Pontevedra
25 de abril 2018

Ao recente proxecto de ciclismo na estrada feminino e junior o Farto suma ao equipo de BTT e Mini BTT para a presente tempada, no que é o seu terceiro ano de vida

Presentación dos equipos BTT e Mini BTT do Club Ciclista Farto
Presentación dos equipos BTT e Mini BTT do Club Ciclista Farto

Non deixa de crecer o Club Ciclista Farto, nunha tempada na que compaxinará a actividade na estrada e montaña cos seus diferentes equipos de competición.

Ao recentemente presentado equipo feminino, que se estreou participando xa en probas da Copa de España, e as categorías inferiores de estrada, únense as escolas de bicicleta todo terreo.

Os equipos de BTT e Mini BTT da entidade, que cumpren o seu terceiro ano de vida, presentaron tempada cun acto no Hotel Avenida.

"Estamos máis ilusionados que o primeiro día", sinalaron desde o club ciclista.

Con este acto arrincou unha fin de semana que foi de intensa actividade no Farto, co equipo feminino participando na Copa de España na localidade murciana de Ronda e tamén na esixente Volta a Murcia coas corredoras Roni Fishman, Raquel Gisbert, Andrea Tomé e María Correa. Ademais os junior tomaron parte no II  Challenge Rías Baixas.