A fase final da Copa Galicia espera o Teucro tras a súa vitoria en Chapela

Pontevedra
24 de agosto 2018

O club pontevedrés venceu con suficiencia o Chapela en cuartos de final da competición autonómica e estará na final a 4 que se disputará no Rosal

Luis Montes, nun adestramento do Teucro
Luis Montes, nun adestramento do Teucro / Mónica Patxot

A Sociedad Deportiva Teucro debutou este xoves na Copa Galicia de balonmán nos cuartos de final da competición, nos que superou o Chapela a domicilio de maneira clara (26-38).

Os azuis cimentaron o triunfo nunha boa primeira metade (10-21), na que Luís Montes explicou que "estivemos moi ben tanto en ataque como en defensa e conseguimos romper o partido".

Tras o descanso o choque "volveuse máis feo", sinalou o técnico azul, satisfeito con todo coa imaxe do seu equipo, que se clasifica así para a final a 4 da competición autonómica que se disputará no Rosal.

Tras este partido, o Teucro afronta agora a cita máis esixente da súa pretempada visitando o sábado o Ademar na presentación do equipo leonés ante o seu público.