A fase final da Copa Galicia, última proba para o Teucro antes do inicio da Liga Asobal

Pontevedra
31 de agosto 2018

O equipo adestrado por Luís Montes encara a final a 4 da competición autonómica, que se disputará este fin de semana no Rosal, como un ensaio xeral para o comezo da tempada oficial

Adestramento do Teucro 2018/2019
Adestramento do Teucro 2018/2019 / Mónica Patxot

O Rosal acollerá esta fin de semana, o sábado 1 e o domingo 2 de setembro, a fase final da Copa Galicia de balonmán, coa Sociedad Deportiva Teucro como un dos aspirantes ao título autonómico.

Será para o conxunto adestrado por Luís Montes todo un ensaio xeral a unha semana do inicio da Liga Asobal, previsto para o sábado 8 ante o Sinfín, sobre todo se acaban medíndose na final ao que se prevé como un dos seus rivais pola permanencia na máxima categoría como é o Cangas.

Antes, os azuis estrearán a final a 4 na primeira das semifinais ás 18:00 horas do sábado ante o BM Lalín de Primeira Nacional, mentres que a segunda semifinal xogarana o propio Cangas e o Atlético Novas.

No caso de caer o sábado, o Teucro xogaría polo terceiro posto ás 11:00 horas do domingo, mentres que se vence disputará a final ás 13:00 horas nun partido que será retransmitido pola segunda canle da Televisión de Galicia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora