A Real Federación Española de Piragüismo anunciou esta semana os premiados da XXXVII Gala Nacional do Piragüismo, Especial 60º Aniversario RFEP.
No acto, que se celebrará o próximo 1 de febreiro de 2020 no Auditorio Goyeneche do Comité Olímpico Español galardoarase aos padeeiros Tono Campos, Carla Frieiro e Pablo Graña entre outros.
O padeeiro do Breogán, Tono Campos, culmina un ano cheo de éxitos entre os que destacan os primeiros postos nas probas absolutas de C-1 e C-2 do Mundial de Maratón celebrado en China no mes de outubro. É por iso que a Federación faralle entrega dunha mención especial pola obtención das 6 medallas en competición oficial internacional en toda a tempada 2019.
A Campos acompañaranlle a catoirense Carla Frieiro, que recibirá o recoñecemento a mellor padeeira feminina xuvenil por segundo ano consecutivo tras obter o bronce na final de K1 500 no mundial xuvenil, e o cangués Pablo Graña, ao que galardoarán como mellor piragüista promesa masculino Sub-23 tras proclamarse campión do mundo en C2 200 en Hungría, ademais da súa medalla de prata tamén na distancia curta no mundial sub 23.