A finais da Copa Xunta de rugby, en Pontevedra

Pontevedra
11 de maio 2016

A finais da Copa Xunta de rugby, no vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, será tamén unha xornada de rugby en Pontevedra coas finais da Copa Xunta. Xogarase catro partidos ao longo do día no campo de Monte Porreiro

Partido entre Pontevedra Rugby Club e Muralla RC en Monte Porreiro Diego Torrado

O Día das Letras Galegas, o vindeiro martes 17 de maio, será tamén unha xornada de rugby no campo de Monte Porreiro de Pontevedra, sede das finais da Copa Xunta.

Catro partidos repartidos durante toda a xornada, de 11:00 a 20:00 horas, nos que estarán presentes tres dos equipos do Pontevedra Rugby Club.

A primeira final prevista é a de categoría M14, na que se enfrontarán PRC e Universidade de Vigo. Tras este choque chegará a quenda dos M18, ás 12:30 horas, no que se xogará o título Os Ingleses de Vilagarcía e Universidade de Vigo.

A sesión de tarde a abrirá a final feminina ás 15:45 horas, de novo co Universidade de Vigo en liza e co Club Rugby Lalín como rival.

Por último, ás 18:00 horas, pechará a xornada a final senior masculina, á que chegou o Pontevedra Rugby Club tras superar a domicilio ao Fendetestas das Pontes na súa semifinal. Os pontevedreses loitarán polo trofeo de campións contra Os Ingleses de Vilagarcía.