En dez anos na máxima categoría do atletismo de clubs nacional será a segunda vez que a Gimnástica acuda á gran final polo título, e por iso está a gozar ao máximo do momento.
Do mesmo xeito que en 2011, cando acabou cuarto, o equipo masculino do club pontevedrés acudirá á cita como cincenta e disposto a plantar batalla.
A final da División de Honra disputarase finalmente en Castelló, conxuntamente coa categoría feminina, o vindeiro sábado 11 de xuño, segundo deu a coñecer este venres a Real Federación Española de Atletismo.
Playas de Castellón e Fútbol Club Barcelona serán os máximos aspirantes ao título, con permiso do AD Marathon madrileño. Completará a final a Real Sociedad, Fent Camí, Tenerife e Pamplona, situados nesta mesma orde tras a puntuación das dúas primeiras xornadas, sendo a Gimnática oitava.
Ante todos eles estará un equipo pontevedrés que celebrou ao grande a súa clasificación para a final, que supoñía ademais a permanencia pola vía rápida, como demostrou cun vídeo colgado no perfil de Twitter do club.