A Asemblea Xeral celebrada o pasado 22 de decembro pola Sociedad Gimnástica será a última de Ramón Touza na presidencia da entidade.
O que foi máximo dirixente do club atlético desde o ano 1995 decidiu facerse ao lado completando a remodelación da cúpula directiva iniciada tras o recente 90 aniversario.
Xunto a el deixaron paso a novos nomes e ideas persoas importantes na Gimnástica durante os últimos anos como Juan Romero, Jesús Cortegoso ou Pablo Díaz, entre outros.
A marcha de Ramón Touza abre un período de transición que finalizará coa convocatoria de eleccións nunha asemblea extraordinaria.