Bo papel da Gimnástica no Campionato Galego Absoluto de atletismo

Pontevedra
14 de xaneiro 2018

O club pontevedrés logrou dous ouros, catro pratas e seis bronces na competición celebrada na pista cuberta de atletismo de Ourense

Podio do lanzamento de peso no Campionato Galego Absoluto de atletismo
Podio do lanzamento de peso no Campionato Galego Absoluto de atletismo / Sociedad Gimnástica

A pista de atletismo baixo teito de Ourense foi escenario este sábado 13 de xaneiro do Campionato Galego Absoluto, con notables resultados para a Sociedad Gimnástica.

O club pontevedrés logrou dous ouros, catro pratas e seis bronces ao longo da xornada.

As dúas medallas de ouro foron para Lucía Seijas no salto de altura (1.60 metros), con Inés Martínez na terceira posición, e de Víctor Gallego no lanzamento de peso (16.49 metros) con Javier Guzmán levándo o bronce.

Anxo Blanxo conseguiu a medalla de prata no triplo salto (15.30 metros), do mesmo xeito que Paula de la Torre nos 800 metros, Lucía Seijas no salto de lonxitude e Santiago Ferrer en salto con pértiga.

Pola súa banda o medallero completárono con senllos bronces Marta González en salto con pértiga, Cristina Garrido nos 60 metros lisos, Xiana González nos 200 metros e Raúl Cortizo no salto de altura.

Consulta os resultados completos do Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta de Atletismo.