A Gimnástica busca o seu terceiro título consecutivo na Copa Galicia de Clubs en Pista Cuberta

Pontevedra
16 de xaneiro 2015

A competición desenvolverase no Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña, o próximo domingo 18 a partir das 10:30 horas

Equipo da Sociedade Gimnástica de Pontevedra na Copa Galicia 2014
Equipo da Sociedade Gimnástica de Pontevedra na Copa Galicia 2014 / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Despois de dúas tempadas consecutivas alzándose co título, o equipo masculino da Sociedad Gimnástica buscará o domingo impoñerse de novo na Copa Galicia de Atletismo en Pista Cuberta.

O Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña, acollerá a competición o domingo a partir das 10:30 horas.

O conxunto pontevedrés deberá refacerse a tres baixas importantes con respecto á pasada tempada, como as de Víctor Riobó, que deixou as filas do club, Miguel Toubes e Iván Maceiras, dous ateltas que lograran a vitoria nas súas respectivas probas.

Pola súa banda o equipo feminino da Ximnástica, con cinco caras novas con respecto a 2014, aspiran a estar entre as tres mellores da competición, algo que non lograron nas últimas edicións.