Un ano máis, a Gimnástica de Pontevedra organiza a actividade Saltar na Rúa co obxectivo de achegar o atletismo á xente da cidade e anima a "gozar do atletismo en plena rúa".
O evento celebrarase o 23 e 24 de agosto na Praza da Ferrería centrándose nas modalidades de salto de lonxitude, triplo salto e salto con pértega.
O primeiro día realizaranse unhas sesións de iniciación para nenos e nenas que se queiran animar e unirse ao club. Comezarán ás 18:30 horas ata as 21:30.
Ao día seguinte, a actividade iniciarase ás 12:00 horas cunha mini-exhibición dos máis pequenos do club e, ás 19:30 será o gran evento. Atletas de nivel nacional e internacional encherán a Praza da Ferrería para realizar un espectáculo de saltos para pechar a terceira edición do evento.