A Gimnástica de Torrelavega foi o equipo "que máis ocasións claras nos xerou"

Pontevedra
14 de xaneiro 2024

"A valoración é positiva, sabiamos da dificultade e era importante para nós puntuar hoxe", recoñeceu Yago Iglesias na rolda de prensa de despois do encontro    

Partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón / Cristina Saiz

A segunda volta de Segunda RFEF empezou ben para o Pontevedra Club de Fútbol, que sumou tres importantes puntos en casa da Gimnástica de Torrelavega.

"A valoración é positiva, sabiamos da dificultade e era importante para nós puntuar hoxe", recoñeceu Yago Iglesias na rolda de prensa de despois do encontro.

Para o técnico granate, o seu rival deste domingo foi "o que máis ocasións claras non xerou", por iso o valor de conseguir o triunfo é aínda máis importante para el.

Admitiu que os seus xogadores "entraron ben nos primeiros 20 minutos", con todo o Torrelavega, "a raiz dun primeiro córner, dan un pasito para adiante e quitáronse o medo" para poñer en perigo a portería de Edu Sousa.

De feito, para Iglesias foi un partido "moi parecido ao que vivimos a semana pasada en Vilalba, pero ao revés, por iso hai que darlle máis mérito aos tres puntos" e aos goles, que xa empezan a contar no average.