Das 13 edicións do Campionato Galego de Cross Curto, o equipo masculino da Sociedad Gimnástica levouse o título en 10.
Ese volve ser o obxectivo do club pontevedrés este domingo na localidade lucense de Friol, na que intentará repetir o campionato logrado hai un ano.
Ademais a Gimnástica chega sen a presión de ter que clasificarse para o Campionato de España, ao que acudirá tras a medalla de prata da última edición.
Iván Docampo, Rubén Diz, Víctor García, Antonio Serrat e Robertas Geralavicius serán as principais bazas dos rapaces, mentres o equipo feminino loitará por meterse no podio cun equipo no que estarán Rocío Rodríguez, Sara Márquez, Barca Toba e Cristina González.
En Friol tamén se disputará o Galego para as categorías cadete e xuvenil con representanción da entidade lerezana.