A Gimnástica estará por sexto ano consecutivo na Copa do Rei de atletismo

Pontevedra
26 de decembro 2016

O club pontevedrés estará un ano máis nunha das competicións atléticas máis prestixiosas do calendario, na que unicamente participan os oito mellores equipos do ránking nacional. Celebrarase en Madrid o próximo 28 de xaneiro

Equipo da Gimnástica que competiu na Copa do Rei 2016 en Valencia
Equipo da Gimnástica que competiu na Copa do Rei 2016 en Valencia /

A Sociedad Gimnástica repetirá presenza nunha das competicións atléticas máis prestixiosas do calendario, a Copa do Rei, que nesta ocasión terá lugar no Centro Deportivo Municipal Gallur de Madrid o próximo 28 de xaneiro.

O club pontevedrés será por sexto ano consecutivo un dos oito equipos en competición, os mellores do ránking nacional.

A Real Federación Española de Atletismo publicou o estadillo de marcas para a Copa do Rei que sitúa á Gimnástica na sétima posición na categoría masculina con 11.823 puntos.

Tamén estarán na prestixiosa competición de pista cuberta: Playas de Castellón (13.503 puntos), Fútbol Club Barcelona (13.259), AD Marathon (12.314), Real Sociedad (12.172), CA Fent Camí Mislata (12.156), Grupompleo Pamplona (11.896) e Simply-Scorpio 71 (11.686).

En Madrid a Gimnástica defenderá o fantástico cuarto posto logrado en xaneiro de 2016 na Copa do Rey, que supón a mellor clasificación histórica da entidade neste torneo.