A Gimnástica, mellor club da Copa Galicia en pista cuberta

Pontevedra
10 de xaneiro 2017

O equipo masculino do club pontevedrés conseguiu a primeira posición na competición celebrada na Coruña, mentres o feminino logrou un meritorio segundo posto

Equipo da Gimnástica na Copa Galicia en pista cuberta 2017
Equipo da Gimnástica na Copa Galicia en pista cuberta 2017 / Sociedad Gimnástica

Gran arranque de ano para a Sociedad Gimnástica na XI Copa Galicia de Clubs en Pista Cuberta celebrada no Palacio dos Deportes de Riazor, na Coruña.

Por quinto ano consecutivo o equipo masculino do club pontevedrés fíxose co primeiro posto da competición grazas a sete vitorias e tres segundos postos dos seus atletas.

Pola súa banda o equipo feminino da Gimnástica fíxose cunha meritoria segunda praza, mellorando en tres postos o resultado do pasado ano, cunha vitoria parcial, un segundo posto e seis terceiros.

A proba máis destacada en ambas as categorías foi a dos 1.500 metros, onde Camila Alonso e Adrián Lago lograron dar a vitoria á Gimnástica, cuns tempos de 4:46:01 e 4:07:66 respectivamente.

Ademais coniguieron anotarse un triunfo nas súas probas Dario Costas (50 metros), Carlos Porto (800 metros), Santiago Ferrer (pértega), David Ferrer (lonxitude), Víctor Gallego (peso) e o equipo masculino de remudas.

Na categoría masculina o club pontevedrés sumou 91 puntos, superando ao Celta (83) e Narón (60), mentres na feminina o vencedor foi o Celta (84,5 puntos) por diante de Gimnástica (72) e Ría de Ferrol (64,5).