A conta atrás para unha nova edición da San Silvestre de Pontevedra, na que recupera o seu formato habitual, segue adiante coa Sociedad Gimnástica avanzando detalles do evento.
Para chegar ao maior número de xente posible e poder achegarse ás cifras record de 2019 (7.000 dorsais entregados), o club pontevedrés confirmou a súa intención de instalar distintos puntos de información na cidade nos que se ofrecerán aos interesados todos os detalles da popular proba deportiva.
Estes postos, cunha carpa da Sociedad Gimnástica, colocarase en distintos puntos do centro urbano o xoves 15, sábado 17, xoves 22 e venres 23 de decembro, en horario de mañá e tarde.
Cabe lembrar que no que respecta a as inscricións, abrirán formalmente a partir do 20 de decembro na planta superior do Mercado de Abastos.
Nos postos informativos será posible preinscribirse para a San Silvestre asegurándose así poder contar con dorsal. Ademais estará dispoñible para a venda merchandising da carreira que pechará o ano deportivo na cidade o próximo 31 de decembro.