A Gimnástica logra en Burgos a permanencia na División de Honra de atletismo

Pontevedra
11 de xuño 2017

O equipo masculino do club pontevedrés, abocado a loitar pola continuidade na máxima categoría na final pola permencia, foi terceiro na última xornada de competición e asegurouse seguir na elite un ano máis. O equipo feminino, oitavo na final polo título de Primeira División

Equipo da Gimnástica na final pola permanencia disputada en Burgos
Equipo da Gimnástica na final pola permanencia disputada en Burgos /

Obxectivo cumprido. O equipo masculino da Sociedad Gimnástica seguirá un ano máis na elite do atletismo nacional.

Os mozos do club pontevedrés víronse abocados a loitar pola continuidade na División de Honra na xornada final pola permanencia celebrada este sábado en Burgos.

Na localidade castelá os atletas do club pontevedrés estiveron a bo nivel finalizando, entre oito equipos, na terceira posición con 103 puntos, só superados por Gropompleo Pamplona (109 puntos) e Atletismo Numantino (108).

A nivel individual os representantes da Gimnástica lograron tres vitorias parciais, as de David Costas no 400, Lysvanys Pérez en altura e Davd Ferrer en lonxitude.

Estas actuacións sumadas ás do resto do equipo fan que o club poida pensar xa na que será a súa duodécima tempada na máxima categoría.

O EQUIPO FEMININO, NA FINAL DE PRIMEIRA DIVISIÓN

Tamén en Burgos competiu o equipo feminino da Gimnástica, no seu caso na final polo título da Primeira División, unha vez conseguido pola vía rápida o principal obxectivo do curso, a permanencia.

Na xornada final as pontevedresas ocuparon o oitavo e último lugar con 43 puntos, o que non embaza a súa gran competición.