A Gimnástica reformula a súa escola de atletismo para adaptarse ás restricións da COVID

Pontevedra
30 de setembro 2020

Os adestramentos realizaranse sempre ao aire libre na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Festival fin de curso da Escola Municipal de Atletismo
Festival fin de curso da Escola Municipal de Atletismo / PontevedraViva

A actividade das escolas deportivas viuse irremediablemente afectada pola actual situación sanitaria, pero moitos clubs fan o imposible por manter a súa actividade.

É o caso da Sociedad Gimnástica, que reformulou a súa escola de atletismo para adaptala á normativa e restricións da COVID.

En primeiro lugar faio deixando de lado os adestramentos no Pavillón Municipal, xa que toda a súa actividade desenvolverase este curso ao aire libre na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Trátase dunha nova escola dirixida a nenos e nenas entre 7 e 15 anos de idade que poderán adestrar dous días cada semana, cunha hora de actividade cada xornada. 

Segundo informa o club, crearanse grupos de 20 nenos por cada monitor, aínda que debido ás restricións sanitarias dividiranse e alternarán en días xa que na actualidade non poden formarse grupos superiores a 10 persoas.

Por último, a Gimnástica explica que se manterá en todo momento o distanciamento social e que o uso da máscara será obrigatorio.