A Gimnástica prepárase para o reto da próxima fin de semana. O sábado día 15 de xuño, o equipo masculino reunirase en Córdoba para disputar o Campionato de Clubes de División de Honra. Doutra banda, o feminino viaxará a Valencia para tomar parte na mesma competición pero en Primeira División.
Os dous cadros pontevedreses loitarán pola permanencia nas súas respectivas categorías. Son 16 os clubes que conforman cada un dos grupos, sendo os oito primeiros da clasificación os que optarán ao título, mentres os oito últimos competirán por descartar o descenso, polo que terán que evitar, por todos os medios, finalizar entre os dous últimos. Ambos chegan á xornada no segundo grupo: os mozos da Gimnástica no terceiro posto, mentres que as mozas lograron un maior colchón de puntos na pasada xornada, que lles permite partir do segundo.
A sede de competición do equipo masculino será o Estadio O Fontaner de Córdoba. A das mulleres será a das Pistas de Atletismo de Turia, en Valencia.
Sen dúbida, unha xornada na que a Gimnástica xógase moito, pero co vento de fronte para lograr o seu obxectivo.